Online Library TheLib.net » Dicionario galego de recursos humanos
cover of the book Dicionario galego de recursos humanos

Ebook: Dicionario galego de recursos humanos

00
28.01.2024
0
0
A Coruña: RAG | Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Fundación Galicia Empresa / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Termigal, 2010. — 195 p.
Esta obra pretende ser unha recompilación daqueles termos e conceptos de uso habitual documentados en repertorios terminolóxicos, lexicográficos e especializados do ámbito dos recursos humanos e das relacións laborais. En liñas xerais, contén termos relativos ao mercado de traballo, á selección de persoal, á formación dos traballadores, á negociación colectiva ou á propia organización da empresa, aínda que tamén quixemos recoller outras moitas formas vinculadas á Seguridade Social ou relacionadas directamente coa entrada e saída dos traballadores na empresa.
Utilizamos o galego normativo como lingua de traballo, polo que as entradas corresponden ás denominacións galegas dos conceptos, ordenadas alfabeticamente. Polo xeral, intentamos establecer criterios para a súa clasificación como termos principais (lemas) ou termos secundarios (sinónimos), principalmente baseados na súa corrección e, en menor medida, na súa frecuencia de uso. Ao mesmo tempo, procuramos achegar denominacións galegas para todos os estranxeirismos que empezan a asentarse na nosa lingua, polo que a consulta das correspondencias galegas nos índices incluídos ao final da obra permite localizar facilmente estas formas no dicionario.
Download the book Dicionario galego de recursos humanos for free or read online
Read Download
Continue reading on any device:
QR code
Last viewed books
Related books
Comments (0)
reload, if the code cannot be seen