Online Library TheLib.net » Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. I: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia
cover of the book Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. I: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia

Ebook: Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. I: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia

00
28.01.2024
0
0
A Coruña: RAG, 2007. — 309 p.
Introdución
Un dos trazos máis característicos das sociedades modernas é o seu dinamismo. As linguas son produto da actividade humana e non só están determinadas por ela, senón que acaban refl ectíndoa na súa organización interna, no uso que delas fai a comunidade e no status que lles confi re. A rapidez e facilidade coa que muda a situación das linguas na sociedade, especialmente nas que concorren varios idiomas, fai necesaria unha revisión periódica da mesma, para coñecer as tendencias
dos cambios e intervir neles.
Tendo en conta o carácter dinámico das situacións sociolingüísticas e que nos últimos anos se produciron cambios importantes na sociedade galega, cumpría unha nova sondaxe sociolingüística que proporcionase información fi able e signifi cativa da situación actual e da magnitude e natureza dos cambios ocorridos nos últimos anos. Transcorrido xa máis dun decenio da aplicación da enquisa que forneceu os datos para a elaboración do primeiro mapa sociolingüístico de Galicia (en diante MSG-92), realízase esta nova pescuda (en diante MSG-04) que debe servir para avaliar os logros das políticas lingüísticas levadas a cabo na última década e servir de guía para intervir naqueles ámbitos nos que se requira corrixir erros, mellorar resultados e deseñar procesos de intervención acaídos á nova realidade.
Consonte o dito, a investigación que aquí se presenta persegue unha dobre fi nalidade: facer unha diagnose da actual situación sociolingüística galega comparándoa coa refl ectida no MSG-92, e sentar as bases para futuras accións de cara á normalización do galego.
Download the book Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. I: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia for free or read online
Read Download
Continue reading on any device:
QR code
Last viewed books
Related books
Comments (0)
reload, if the code cannot be seen